O Club Ciclista Verín é unha asociación privada con personalidade xurídica e capacidade de obrar, integrada por persoas físicas, que ten como obxecto exclusivo ou principal a práctica da actividade física e deportiva polos/as asociados/as, así como a participación en actividades e competicións oficiais, sen ánimo de lucro. O Club Ciclista Verín practicará como principal modalidade deportiva a do ciclismo en carretera, e se encontra rexistrada no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia, co núm. C-09611 de conformidade co disposto na Lei Xeral do Deporte de Galicia.
O Club Ciclista Verín practicará así mesmo as modalidades deportivas de bicicleta de montaña, ciclo-cross, descenso, acrobacias, e todos os demais deportes relacionados coa bicicleta e para tal fin funcionarán as seccións deportivas correspondentes, sen prexuízo de que a Asemblea Xeral poida acordar a creación doutras.